O acceso á Sala TEBRAS excepto que se especifique está prohibido para os menores de 18 anos salvo que estes estean debidamente autorizados polo seu titor legal.
¿Cómo acceder a Sala Tebras se eres menor de idade?
Para poder acceder a un concerto sendo menor de idade é necesario contar cunha determinada autoriazación asinada polo titor legal do menor que pretende acceder o evento.
Ademais será necesario que o menor acceda a Sala Tebras acompañado dun adulto responsable que o acompañará en todo momento (non necesariamente o seu titor legal, pode ser un familiar ou simplemente un amigo ou amiga).
As autorizacións soamente serán válidas para o concerto ou evento en cuestión non sendo aceptada para outro.
¿Cómo autorizo a un menor?
Para autorizar a un menor de idade é necesario que o seu pai, nai ou titor legal encha o formulario de autorización que pode descargar no botón que aparece no fondo desta páxina no caso de que non teña oportunidade encher o noso formulario pode facer un pero é necesario que conteña os mesmos datos.
RESUMO
Formulario impreso debidamente cumprimentado e asinado
Fotocopia impresa do D. N.I. do titor legal Fotocopia impresa do D. N.I. do adulto responsable (só no caso de que o titor legal non acompañe ao menor ao interior do recinto)
D.N.I. orixinal do menor e o adulto que vaia a acceder ao recinto. Dita documentación entregarase no control de acceso no momento de entrar á sala